En marcha o II Concurso de Fotografía Dixital #xermadeenfotos

O Concello convoca esta certame a través do que amosar os seus recursos patrimoniais. Cada participante poderá achegar un máximo de tres fotos a través do portal web www.xermadeenfotos.org ata o 15 de setembro.

/ Enviado por redactor o Lun, 19/06/2017 - 12:07

O Concello de Xermade, a través da concellería de Xuventude e Educación,  convoca un concurso de fotografía dixital co obxectivo de “dar a coñecer os atractivos do concello reflictindo as múltiples sensacións que se poden ter neste municipio”.

As fotografías deben amosar os recursos patrimoniais do municipio (naturais e paisaxísticos, agrogandeiros, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc.) dun xeito atractivo e de gran calidade técnica e artística.

Nesta ocasiónas as fotografías requeridas para o concurso #xermadeenfotos deben ser actuais, é dicir, desta época do ano: primavera-verán.

Cada persoa participante poderá presentar un máximo de tres fotografías. A duración do concurso estenderase dende o 15 de xuño  ata o 15 de setembro.

As bases do concurso atópanse no portal web www.xermadeenfotos.org onde se poderán tamén subir as fotografías.